Concurso Deseña unha xoia para a túa nai 2016

Cada ano, o Coxga (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia) organiza un exitoso concurso de deseño infantil, para celebrar o día da nai. Os nenos e as nenas participantes deseñan a xoia que lles gustaría agasallar á súa nai e varios xoieiros colexiados realizan ese soño.

Ardentia xa leva colaborando desde o primeiro ano e neste 2016, tivemos a sorte de poder realizar o soño de xoia de Xoana.

Deixámosvos aquí cunha montaxe desde o deseño inicial desta nena encantadora, de tan só 7 anos, ata o día da entrega, este vernes 29 de abril, en Santiago de Compostela.

Etiquetas: