cerrar
0 Cesta 0,00 €

SU CESTA ESTÁ VACÍA

Agrégale productos. ¡Consulta nuestra amplia gama de productos!

Último sorteo de tempada de Serramoura

Último sorteo de tempada de Serramoura

Co motivo da emisión do último capítulo de Serramoura da tempada, facemos un novo pequeno sorteo #Mulleresdearmastomar.

O domingo 10 de xullo emitiuse #Serramoura48: o último da tempada, ata o outono.
Neste capítulo, Raquel Neira levaba uns pendentes de Ardentia.

Entre as persoas que acerten o nome da colección dos pendentes que levaba Isabel Naveira, no seu papel de Raquel Neira (irmá da Sarxento Marga Neira, da que vos falamos tantas veces), sortearemos este par de pendentes:

Estes pendentes, en prata 925 (de Lei)-chapada en ouro de 18 quilates, son os mesmos que deseñamos para Lucía Regueiro, hai uns meses, a modo de guiño ao seu papel de Sarxento Neira, unha das #Mulleresdearmastomar da serie. Evidentemente, como sempre, deixamos claro que estamos en contra das armas, pero que nos encanta disfrutar do noso traballo e o deseño destes pendentes formou parte dun momento especial e distinto que compartimos todas as personas que traballamos en Ardentia.

Para participar tan só tendes que ter en conta e facer dúas cousiñas:

1) ser fans da nosa páxina de Facebook Ardentia Xoiajeweljoya
2) escribir o nome da colección de xoias no post de Facebook no que convocamos este pequeno concurso

Entre todas as persoas que acerten, faremos un sorteo aleatorio deste par de pendentes, o xoves 21 de xullo 2016.

Moita sorte a todas e todos!

Tendes ata o 20 de xullo 2016 para participar no noso Facebook.